Ayudas para mejorar las infraestructuras de los establecimientos turísticos de alojamiento y restauración 2022

Estas axudas teñen por obxecto  mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración galegos.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022.

Considerarase investimentos subvencionables:

  1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
  3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
  5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
  6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

O investimento neto admitido será de ata 100.000€. Os proxectos que se consideren como accións subvencionables de acordo cos criterios de valoración poderán acadar unha subvención de ata o 50% sobre o orzamento do investimento (50.000 € máximo).

PRAZOS DE SOLICITUDES

Se presentarán las ayudas a través de la sede electrónica de la Xunta

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies pinche para obtener máis información ACEPTAR

Aviso de cookies